Saturday 27 de April de 2024

Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 28 de xullo de 2022


O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 28 de xullo, a partir das 21.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia do concelleiro José Andrés Lojo (Nós Pobra). A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Aprobación definitiva da ordenanza municipal reguladora de circulación do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP).

2. Moción do grupo municipal do PP relativa á xestión das competencias en materia de Dominio Público Marítimo-Terrestre. Aprobada por unanimidade a emenda de engádega presentada polo BNG á moción orixinal. Aprobada por unanimidade a moción emendada.

Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, finalmente, dar paso á quenda de rogos e preguntas.